Entrevista: “Debemos estar ao carón deses sectores afectados polos peches”

TerraChaXa
Ao fronte da nova xestora do PP en Vilalba atópase Sandra Vázquez, unha vilalbesa procedente da parroquia de Santa María da Torre.
sandra vazquez pp xestora_portada
16 Mar 2021

Presidenta da xestora do Partido Popular de Vilalba, Sandra Vázquez

No pasado mes de decembro de 2020 o Partido Popular de Vilalba presentou a nova xunta xestora do órgano para recuperar a alcaldía nas vindeiras eleccións municipais. Ao fronte deste novo equipo atópase Sandra Vázquez, unha vilalbesa procedente  da parroquia de Santa María da Torre, adicada á xestión no sector bancario. Con 34 anos, leva desenrolado a súa traxectoria política nos cargos de concelleira, senadora e deputada autonómica. Agora, afincada na parroquia de Ladra, afronta unha nova etapa na que di contar cun equipo xoven, comprometido e traballador.

Con que obxectivos chega ao cargo de presidenta da xestora do PP?

O obxectivo principal é situar a Vilalba no lugar que se merece, iso so é posible con un goberno do Partido Popular. Para elo é necesario rodearse dun gran equipo no que se vexa representado a maioría dos nosos veciños, en definitiva, un equipo que comprenda a realidade de Vilalba. Un equipo que traballe, que converse e que se preocupe polos problemas das persoas.

Cales son os obxectivos inmediatos?

As circunstancias da pandemia están a dificultar o noso traballo, porque é imprescindible o contacto persoal coas persoas. Sen embargo, temos grupos de traballo orientados nas diferentes áreas, co fin de transmitir a todas ás entidades, autónomos, pequenas empresas as axudas que está a por en marcha a Xunta de Galicia para todos os sectores afectados pola pandemia da covid-19 pero tamén outras  entidades que forman parte do noso municipio.  Por poñer un exemplo, o I Plan de Rescate da Xunta de Galicia adicou máis de 267.000€ a través de 154 axudas a o tecido empresarial de Vilalba, e dicir, autónomos afectados pola crise da covid-19.

Cal vai ser a súa liña de traballo a longo prazo?

Levamos case un ano de  pandemia, e fai que se ralentice o noso traballo, porque o bo traballo faise escoitando e informando os nosos veciños. Os grupos de traballo dos que falaba anteriormente están orientados a visitar as diferentes entidades, asociacións, empresas que compoñen o noso municipio para escoitar as súas inquedanzas, as súas preocupacións pero tamén as súas necesidades e poder reclamalas nos diferentes organismos, a nivel local, provincial ou autonómico.

Que cambios quere traer na xestión feita ata o de agora?

Para unha boa xestión é necesaria unha boa organización, e niso traballamos cada día,  nun equipo organizado, nun equipo de traballo, nun equipo de ilusión e de compromiso coas persoas  de Vilalba.

Foi complicado o cambio de dirección?

Nada é complicado se se quere traballar pero todos os retos son difíciles; recoñezo que contamos con un gran partido que leva demostrado anos de xestión e de goberno.

En que sectores é necesario traballar máis?

Todos os sectores son importantes traballar, pero temos que recoñecer que estamos inmersos nunha gran crise sanitaria, económica e social a causa da covid19. Por elo, debemos estar ao carón deses sectores que están afectados polos peches dos seus negocios. Dende a Xunta de Galicia, trabállase intensamente, dende o primeiro momento axudando con axudas directas os negocios que están a pasar momentos de liquidez complicados como son os autónomos, pequenas empresas, sector da hostalería, sector cultural e do comercio. O goberno autónomo en menos de 2 meses foi capaz de mobilizar máis de 160M€ e esta semana aprobou 20M€ máis para paliar a baixada nas ventas no comercio.

Cales son os principais problemas que ten Vilalba?

Vivimos nun municipio con un gran potencial, un polígono industrial con un tecido empresarial inmenso composto por múltiples sectores, dende o forestal, industrial, alimentario,  eólico, comercial, servizos e pequenos autónomos que o sitúan nun dos máis recoñecidos de Galicia. Un municipio con un sector agrogandeiro do máis importante da nosa comarca que medra en cantidade e calidade. Sectores moi importantes que están a ser recoñecidos a nivel mundial e que están a pasar unha situación moi delicada e, desgraciadamente, non está a ser unha prioridade para o goberno local.

Moitas, foron as ocasións nas que instamos o goberno socialista a que axudase os sectores máis afectados a causa da covid19 pero nunca se converteron en realidade.

Os problemas non só,  son a pouca sensibilidade cos autónomos e pequenas empresas senón a parálise na que está inmerso o noso Concello. Un goberno sen presuposto municipal, un goberno sen proxecto, un goberno que non resolve os problemas da xente.

Como se expón a relación con outras institucións?

A relación que ás institucións están a ter co Concello de Vilalba creo que é boa, pero simplemente facendo un pequeno percorrido polas inversións que realiza a Xunta de Galicia, pódese observar como hai más implicación dende a Xunta de Galicia que dende o propio Concello.

Facendo un percorrido do ano 2020, por ser un exercicio pechado, a Xunta de Galicia, investiu en Vilalba máis de 7M€. Renovación e abastecemento da Rúa Calvario e Rúa dos Pepes con preto de 200.000€, a compra e inversión en vivendas nas  Rúas Ferrería e Concepción Arenal con case 400.000€, a ampliación e renovación do parque infantil da Plaza da Constitución, con 34.000€. En materia de emprego, o organismo autonómico investiu máis de 360.000€ en obradoiros duais e subvencionando dúas brigadas con motobomba. Sen esquecer, os nosos maiores e os más pequenos cos servizos de axuda no fogar e a escola infantil da Galiña Azul con máis de un millón de euros. Podería ir desgranando máis en detalle pero creo que o importante é que  a Xunta de Galicia inviste en Vilalba pensando sempre nas persoas.

Como se expón o futuro do partido na comarca?

Na miña humilde opinión, neste intre, no que está a pensar o  partido é axudar xestionar a crise sanitaria e económica que vivimos a causa da covid-19. Debemos por todo o noso empeño en solucionar os problemas da xente, e sobre todo, daqueles que o están  a pasar tan mal, polo peche dos seus negocios.

Como definiría ao equipo que a acompaña?

Compromiso, traballo e ilusión.

sandra vazquez pp xestora
0.19305992126465