José Ramón, Fontelo Novias: "O Trunk Show é unha ocasión única para ver vestidos de noiva exclusivos en Lugo”

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
Fontelo Novias é unha tenda especializada en vestidos de noiva e xastrería e cerimonia de cabaleiro que estes días acollerá un Trunk Show
1 Fontelo Novias Jose Ramon fotos (4)
23 Out 2022

Por Ana Somoza López.

Fontelo Novias é unha tenda especializada en vestidos de noiva e xastrería e cerimonia de cabaleiro que estes días acollerá un Trunk Show de dúas importantes firmas deste sector. Falamos co seu xerente José Ramón.

Fontelo Novias contará pronto cun Trunk Show. Que significa este termo?

Un Trunk Show é un evento exclusivo que se realiza nunhas tendas seleccionadas e neste caso avalado por dúas firmas de nivel mundial no mundo das noivas do grupo Pronovias como son St. Patrick e Nicole Milano.

Nel permitirase ás noivas que se queiran achegar neses días ata a tenda, probar unha serie de vestidos exclusivos que están en rotación por todo o mundo e que desfilaron na Bridal Fashion Week de Barcelona. É unha ocasión única, exclusiva e puntual para só tres días con cada firma.

Como poden as futuras noivas anotarse?

Para asistir ao evento, que será os días 27, 28 e 29 para Nicole Milano e 10, 11 e 12 para St. Patrick, é necesario concertar cita previa chamando ao teléfono 982 253 376 para poder contar con toda a atención personalizada que nos caracteriza en Fontelo.

Que se poderá ver eses días?

Cada firma achegará 15 vestidos de noiva e ademais contaremos con algún que xa está na tenda para poder probar.

Con que nos sorprenderán St.Patrick e Nicole Milano?

Dentro do amplo abano de produtos que nos presenta estas dúas marabillosas firmas en Fontelo Novia puidemos escoller os vestidos que na nosa opinión cremos que completan a nosa extensa colección.

O primeiro é que hai que facer unha diferenciación entre a liña de Nicole Milano deste ano chamada Symphony of Arts e a de St. Patrick, A State of Grace, xa que son liñas moi diferentes que se poden complementar pero que non se solapan.

A colección de Nicole Milano é moi rica en transparencias e son vestidos con silueta, brillos, tecidos moi exclusivos, e lamés de seda que aportan mobilidade ás saias. Pero sobre todo preocúpanse pola comodidade e a vestibilidade das súas prendas. Nicole Cavallo, a diseñadora, ten especial sensibilidade para recoller estas ideas.

No tocante á colección de St. Patrick podemos dicir que conta con deseños modernos, sofisticados, cunha sutil sensualidade, e que farán sentir á noiva moi elegante e moi feminina.

Cómo naceu Fontelo Novias ?

Pois somos a segunda xeración de Fontelo o que afortunadamente énchenos de orgullo pois de algunha forma pon en valor o traballo que xa fixeron os meus pais nos anos 60.

A súa clientela é só de Lugo?

Non. Contamos cunha carteira de clientes moi importante e non só de Lugo cidade senón que se achega xente dende A Coruña, León, Ponferrada ou Ourense. Hoxe en día a xente móvese moito polos comentarios de internet e as redes sociais e saben que en Fontelo Novias terán un produto diferenciado cunha atención personalizada e que coidaremos moitísimo o detalle, é dicir, aquí non improvisamos, a noiva non se atopará sorpresas a semana da voda.

Como é a maneira de traballar?

Facemos probas periódicas para facer un seguimento exhaustivo de como evoluciona a persoa e ademais face un ‘final fitting’ personalizado. Controlamos todo o proceso, é dicir, dende o día que chega o vestido fanse as primeiras probas e tamén damos a oportunidade de asistir cunha proba de peiteado para ver o ‘look’ total. Ademais seguimos sendo unha das poucas empresas que aínda segue facendo o servizo a domicilio dentro de Lugo cidade para que a noiva poda despreocuparse. As nosas noivas compran un produto pero a nosa obrigación é proporcionarlles o mellor servizo e o máis completo posible.

Cando as noivas chegan á tenda por primeira vez, veñen con ideas claras ou se deixan asesorar?

Pois a verdade é que hai de todo. Hai xente que ven con moita información, outros que veñen sen ningunha e outros que se deixan asesorar. Pola nosa banda, sempre buscaremos a mellor opción para elas, para poder resaltar a súa feminidade, para ter en conta e por en valor onde se celebrará o evento, pois non é o mesmo facer unha voda civil no campo que unha relixiosa nunha igrexa.

Por iso complementar a imaxe da noiva, co vestido, e co día da celebración é o máis importante. E que os días posteriores nos chamen e nos digan que todo foi perfecto, que estivo moi cómoda e que lle encantou o vestido é a nosa maior recompensa.

Contan que atelier propio?

Si, o que nos permite facer os arranxos necesarios para coidara e mimar aos nosos clientes, así os traxes sempre están no noso poder.

Contan con importantes marcas ao longo destes anos.

Por suposto. Temos provedores que levan confiando en nós 30 anos, isto significa que hai moi boa relación, moi boa química é unha seriedade absoluta.

Contamos con oito firmas de noiva e tres de cabaleiro e todas en exclusiva para a provincia. Ademais temos unha variedade e un mostrario moi amplo tanto de noiva como de noivo e na liña sartorial de xastrería tanto para invitados como para padriños e acompañantes.

Tamén ofrecemos a posibilidade de darlle o look total tanto aos noivos como o padriño, pois podemos vestir desde o tocado, o vestido, a roupa interior e zapatos.

Para rematar, qué consello lles daría aos noivos que están buscando o traxe para o seu gran día?

O primeiro é darlles as nosas felicitacións e despois dicirlles que se centren na súa zona xeográfica, que miren as dúas tendas máis importantes que haxa e sobre todo que se deixen asesorar pois detrás de cada tenda hai un profesional que lle ofrecerá a mellor opción. Por último e tamén é importante e que valoren sobre todo o produto, o servizo e o prezo.

Fontelo Novias Jose Ramon fotos (2)
1st patrick coleccion 2
nicole milano coleccion
Fontelo Novias Jose Ramon fotos (1)
Fontelo Novias Jose Ramon fotos (3)
0.23746585845947