José Pardo Lombao, alcalde de Outeiro de Rei: "Temos as obrigas de ter as ideas claras e traballar constantemente"

LugoXa | TerraChaXa
Entrevista a José Pardo Lombao leva á fronte do Concello de Outeiro de Rei 26 anos aos que suma tamén outros 14 como tenente de alcalde
13 Mar 2022

José Pardo Lombao é o alcalde de Outeiro de Rei dende hai 26 anos.

José Pardo Lombao leva á fronte do Concello de Outeiro de Rei 26 anos aos que suma tamén outros 14 como tenente de alcalde, toda unha vida dedicado á política defendendo a liña do Partido Popular.

Pode facernos un balance do ano que terminou para o Concello?

Realmente sempre se fan moitas cousas, pero creo que o máis destacado foi o centro de día, a primeira fase xa está acabada e que se fai en tres fases, porque a primeira foi a compra do edificio, a antiga casa do cura. Agora vimos de rematar coa rehabilitación tras unha inversión bastante grande. Trátase dun novo servizo para a veciñanza, que realmente o necesitan. Tamén acometemos todo tipo de obras en redes viarias, en abastecemento de auga, en saneamentos, en mellora de infraestruturas deportivas, etc.

Que quedaría por facer de cara a este ano?

Temos outras dúas cousas que están en marcha, que é a construción dunha piscina ou centro de ocio, que leva tamén un centro btt na contorna da área recreativa de Santa Isabel. Estamos a punto de firmar un convenio coa Consellería de Medio Ambiente, polo que é bastante inminente. Temos tamén en marcha melloras no abastecemento de auga e estamos a estudar a posibilidade de facer unha nova depuradora de augas residuais porque o crecemento da poboación creou esta necesidade, unha depuradora máis potente para evitar problemas no saneamento, porque extendemos a rede pero a Confederación esixe esa depuradora. Temos xa un certo compromiso por parte da Consellería de Infraestruturas para firmar un convenio de colaboración.

Este crecemento da poboación está vinculado a ser un concello tan próximo á capital da provincia?

Eu non estou tan de acordo con iso. Ata fai 20 anos baixaba a poboación de Outeiro igual que no resto da contorna de Lugo. Está claro que non temos un microclima, non temos unha gran empresa ou un gran parque eólico que nos dé uns ingresos e a poboación baixa nos concellos de arredor. O que si é certo é que Outeiro de Rei doutouse duns servizos que non todos os concellos teñen e fumos acertando na estratexia de cara ao futuro. Nós temos un lema de hai 20 anos, Outeiro de Rei, concello de futuro, e vaise demostrando que é certo cun incremento do 20% da poboación nos últimos 15-18 anos. De feito, houbo que multiplicar por dous as aulas do colexio e facer dúas liñas, con todas as clases cheas de nenas e nenos. Algo que creo que non pasou en ningún lugar de Galicia de características rurais como o noso. Ademais, a situación xeográfica non é mala, estamos na A-6, ao lado de Lugo, medioambientalmente é un Concello bonitao, dende o punto de vista turístico ten unha contorna natural, a ribeira dos ríos, áreas recreativas, varias rutas de senderismo, rutas btt, etc. Acabamos de poñer en marcha e de sinalizar unha ruta arqueolóxica, temos medorras, algún BIC... intentamos traballar en varias direccións, infraestruturas deportivas variadas, campos de fútbol, pavillóns, circuíto de velocidade e de trial, pistas de atletismo, etc... intentamos potenciar o deporte, non queremos ser un concello dormitorio, queremos que  a xente viva e traballe e que esté agusto coa súa vida.  Tamén temos un parque empesarial potente que desenvolvimos nós mesmos, a Deputación non investiu nada nin Xestur tampouco e eso que viñamos de ser un concello eminentemente agrícola e hoxe temos 200.000 ou 300.000 metros cuadrados ocupados e cerca dun millón urbanizados ademais de estar moi bien situado. Sen dúbida é un parque empesarial con moito futuro e unha gran potencialidade. E tampouco hai que esquecer os programas de conciliación familiar que son importantes, estamos traballando no despregue da fibra óptica, pretendemos chegar a todo o Concello.

Que necesidades ten o Concello a día de hoxe?

Temos moitas cousas boas pero tamén malas e son esas as que estamos mellorando. Por exemplo, as carreteras da Deputación están cheas de fochancas, temos tamén algunhas pontes en mal estado polas que non poden pasar os tráilers cargados de madeira, como Francos, Gaioso, etc. A única saída que hai é Martul, pero é comprometida. As nosas vías de comunicacion están aceptables pero son mellorables, o abastecemento é mellorable, polo que estamos intentado amplialo. O crecemento ten cousas boas pero tamén provoca dificultades, temos que ampliar servizos constantemente. Nos tempos que corren non son moi bos e parece que nos esperan tempos peores. Os veciños seguro que atoparán máis carencias, eu mesmo non estou satisfeito con todo o feito pero isto é un traballo constante e unha loita permanente, polo que sempre estamos traballando en melloras. Unha das cousas que nos preocupan moito son esas infraestruturas que necesitan os sectores produtivos como o da madeira e o gandeiro, agora moi comprometidos cos prezos do combustible e dos piensos. Tamén tería que desenvolverse máis o sector do turismo, o sector privado do turismo en Outeiro ten moito que crecer e pode facelo bastante porque hai infraestruturas turísticas atractivas pero hai que sacarlle rentabilidade privada a través de establecementos de hostalaría ou outro tipo como guías para ir polas rutas, empresas de cio activo, cousas que se poden seguir facendo.  Hai que manter esa perspectiva de futuro e axudar no que nos toca como Adminsitración e contando co que aportan outras. Temos a vantaxe de ter unha estabilidade no goberno, o que nos permitiu desenvolver proxectos a longo plazo e iso é imporante. Por exemplo, a rede de auga, neste concello, que ten 180 núcleos, chega a todos os veciños, temos facilidade para construír o que nos permite que a xente que quere vir teña onde escoller. Tamén me gustaría que o núcleo urbano estivera máis desenvolvido, malia que este ano abrimos dúas rúas, unha de nova creación e outra que ampliamos. Outra demanda é unha rotonda na nacional VI, un proxecto xa de vello pero que non arranca. Aínda non está contratada e iso que a expropiación está feita. Trátase dun punto polo que pasan unha media de 8.000 coches todos os días e supón un paso perigoso para os peóns polo que queremos xa unha rotonda cos seus correspondentes pasos de cebra.

"Fumos o primeiro concello de Galicia que instalou o contedor marrón e fixemos un plan piloto na urbanización de Santa Isabel"

Estrea atención pediátrica. Que aporta este servizo?

Temos pouco tempo de pedriatra porque os pediatras son moi escasos e como somos un concello con moitos nenos decidiron poñernos unha enfermeira especializada que non substitúe ao pediatra, pero suple parte do traballo e vai permitir unha atención importante.

Tamén lideron varios proxectos de reciclaxe e medio ambiente.

Somos pioneiros nese campo. Fumos o primeiro concello de Galicia que instalou o contedor marrón e fixemos un plan piloto na urbanización de Santa Isabel en nos grandes produtores de residuos, en edificios con moita xente, como o xeriátrico ou a prisión bonxe. Agora imos poñer en marcha a ampliación do contedor marrón ás urbanizacións que nos quedan con densidade de poboación alta e para a zona máis rural pedimos axuda para poñer composteiros. Pero para nós un dos puntos principais foi a nave de reciclaxe ao lado do punto limpo. Trátase dun espazo de reciclaxe e o que fixemos foi dotala dunhas ferramentas para que as cousas que van ao punto limpo que poden reciclarse podan ser ser amañadas. Buscamos dous obxectivos, o medioambiental, reciclar o máximo, e dende o económico, que aquelas persoas con poder adquisitivo baixo podan reutilizalos se así o precisan, e poden utilizar esta nave para reparar eses enseres. Ademais, imos facer algún curso de reciclaxe, de restauración básico para animar a que se recicle máis e se tire menos. Por outra banda, imos aumentar en 100 contedores amarelos máis, dada a dispersión necesítanse moitos contedores e non temos suficientes polo que se van instalar estes meses. Todo isto permítenos ser un concello de futuro dende o punto de vista ambiental, eso nos pode atraer xente ao municipio e aproveito a ocasión para pedirlle aos veciños que se conciencien o máis posible.

Supoño que a recompensa dese traballo foi a bandeira verde.

A bandeira verde recibímola polo que imos facendo, pero agora hai que mantela. Nós o que intentamos é tela ao longo do tempo pero necesitamos a colaboración dos cidadáns, porque sin eles non conseguiríamos ter Outeiro limpo como está. O medio ambiente é cousa de todos.

“Do que me sinto máis orgulloso é de que o Concello crecera e de que o fixera nunha situación tan difícil”

E no sector da cultura?

Facemos cousas, temos unha animadora sociocultural, programación na casa da cultura, e como infraestrutura temos un auditorio pequeno con só 120 prazas, está ben dotado pero é pequeno. Ben é certo que necesitamos un miniauditorio, que non o teríamos pechado como outros que están preto, pero as limitacións económicas son as que son. Temos programas  actividades ao longo de todo o ano, e contamos con recuperarlas agora. Temos a feira de artesanía, a festa dos xubilados, festas en todas as parroquias, que ponenciamos economicamente e unha escola de música común cos concellos da contorna que tamén impulsamos cunha importante aportación. Tamén temos iniciativas privadas como a casa de Manuel María que é un atractivo importante.

E sobre o sector agrogandeiro, que planes hai?

Acaban de aprobarnos a concentración en catro parroquias. Témola pedida en oito, pero xa está aprobada en catro e esperamos que agora nos meses de verán se empece a traballar sobre o terreo e que sería nos lugares de Arcos, Sobrado, San Lorenzo e San Félix de Paz. É unha zona onde a gandería pode ter moitas posibilidades de desenvolvemento.

Como se artella o futuro de Outeiro?

Nunha adminsitración temos dúas obligacións, unha é ter as ideas claras para saber hacia onde se vai e outra traballar constantemente. Nunca hai recursos e medios suficientes pero si un insiste e ten proxectos pode facelo casi todo ao longo prazo. Se cando empecei alguén me dixera que íamos transformar o concello na medida que o fixemos diría que era imposible, pero iso non quere dicir que estea acabado nada, temos gañas de seguir traballando e así o faremos mentres o permitan os cidadáns.

De que logro se sinte máis orgulloso?

Do que me sinto máis orgulloso é de que o concello crecera o que fixera nunha situación tan difícil. Emociona que pasemos de ser un concello rural e gandeiro, sen unha capitalidade importante, sen industrias e sen polígono industrial, e hoxe estemos a nivel de concellos moito máis grandes. Pero iso non é un mérito do alcalde, é un mérito dun equipo de goberno e sobre todo dos cidadáns que apostaron por Outeiro de Rei.

0.11929798126221