Escola de Movemento de Vilalba amplíase cun grupo sénior e outro diversity
A Escola de Movemento de Vilalba formou este ano dous novos equipos que participarán na primeira fase do Concurso Nacional de Danza para Amateurs.
Trátas do equipo Sénior Gold, de maiores de 25 anos e o Diversity, fomado por bailaríns con discapacidade e para todas as idades.
"Estamos especialmente orgullosas destes dous valentes, dos que presumimos enormemente, porque tamén lles gusta vivir novas aventuras e superar retos", din desde a dirección do centro.
O evento terá lugar o 16 e 17 de marzo en Ourense, ao que acoden Galicia, Asturias, Cantabria, Castela León e Extremadura. Este concurso ten 4 fases iniciais nas que dividen España en 4 zonas xeográficas e só os que acaden o primeiro posto de cada fase pasan á gran final nacional, que desta volta será no mes de maio en Burgos.
Senior Gold é un grupo de 26 mamás e avoas de nenas e nenos de Movemento, no que unha parte delas participaron o curso pasado por primeira vez acadando un primeiro posto. Nesta edición levarán un Mix musical de Tina Turner que leva por título Tina.
As participantes son Vanesa F, Marta V, Pili B, Carmen P, Sonia S, Noemí C, Conchi R, Raquel D, Pepita G, Noelia B, Paula P, Belén V, Monica A, Mª José B, Vanessa R, Esther C, Alba B, Noemí R, Mila S, Mª Isabel B, Ana P, Luz A, Sandra G, Uxía L, María P e Pili G.
Diversity é un grupo de 7 rapazas e rapaces do Centro Ocupacional de Vilalba que este curso acoden a clase cada mércores e por primeira vez vivirán tamén a experiencia de enfrentarse a un xurado que valorará o seu esforzo. Eles defenderán a coreografía Soy yo.
Os participantes son Juan R, Alba B, Ana T, Belén B, Germán F, Rocío G e Lorena R.