Escolares das Pontes convértensen en produtores de ópera

TerraChaXa
O alumnado de segundo de primaria do CEIP A Magdalena, nas Pontes, participa este curso no proxecto LÓVA (a ópera como aprendizaxe).
produtores teatrais a madalena as pontes ceip
8 Xuño 2022

O alumnado de segundo de primaria do CEIP A Magdalena, nas Pontes, participa este curso no proxecto LÓVA (a ópera como vehículo de aprendizaxe).

Cada unha das tres aulas que compoñen este nivel educativo no centro creou a súa propia compañía desde cero e esta semana estrean as súas obras no Cine Alovi da localidade pontesa.

En total participan 54 alumos e alumnas, que xunto cos seus docentes como guías no proceso, comezaron en setembro coa creación da compañía pasando por diferentes etapas (crear grupo a través de dinámicas e retos, poñer o nome e facer o logo da compañía, descubrir as profesións que traballan nun a ópera, escritura do libreto, traballo en equipo nunha das profesións previamente seleccionadas (escenografía, composición musical, interpretación, documentación, caracterización, dirección e produción…) ata chegar aos ensaios conxuntos e finalmente á estrea con público.

Ademais, durante o proceso, para autofinanciarse venderon perfumes.

Comezan hoxe as representacións, ás 17:30, coa estrea de O misterio de Venecia, da Compañía Garras. O xoves 9, ás 17:30, preséntase O mellor aniversario, da Compañía Máxica, e rematarán o venres, á mesma hora, con Unha bebida máxica, da Compañía Esmeralda.

.

0.18217611312866