Escolares de Meira terán a súa festa de Entroido o luns 16

TerraChaXa
A organización ten prevista a realización de xogos para todos os nenos, un concurso de disfraces e merenda para todos
entroido-meira
10 Feb 2026

A ANPA do CEIP Avelino Díaz de Meira, en colaboración co Concello, organiza unha festa de Entroido para toda a rapazada e familiares que terá lugar o luns 16, a partir das 16.00 horas e ata as 19.00 horas no pavillón municipal.

A organización ten prevista a realización de xogos para todos os nenos. Tamén está convocado un concurso de disfraces con premios nas categorías habituais, individual, parella e comparsas. Haberá tamén merenda para todos.

⚙ Configurar cookies
0.084995985031128