Escolares de Meira terán a súa festa de Entroido o luns

TerraChaXa
Escolares de Meira terán a súa festa de Entroido o luns, día 28, a partir das 17.00 horas no pavillón municipal.
festa avelino diaz entroido meira portada
25 Feb 2022

A anpa do CEIP Avelino Díaz de Meira organiza unha festa de Entroido para toda a rapazada e familiares que terá lugar o día 28, luns, a partir das 17.00 horas no pavillón municipal.

A organización ten prevista a realización de xogos para todos os nenos, que estarán agrupados por idades. Tamén está convocado un concurso de disfraces con premios nas categorías habituais, individual, parella e comparsas.

Seguirase o protocolo covid vixente para o acceso ao centro.

0.066612958908081