Escolares de Rábade realizan un obradoiro en Trasancos
A Fundación Terra de Trasancos recibiu a estudantes de quinto e sexto de Primaria do colexio Otero Pedrayo, de Rábade, que participaron nun obradoiro divulgativo da Rede Eusumo, sobre características da economía social como son a toma democrática de decisións, a distribución equitativa de beneficios ou a diminución de riscos asociados ao emprendemento.
O obxectivo é presentar ao alumnado as posibilidades da economía social como modelo de negocio que pode prosperar no medio rural e en diversos sectores produtivos e de servizos.
Persoal da entidade mostroulles as instalacións e o funcionamento de Terra de Trasancos, que desarrolla actividades en varias áreas, entre elas agrícola, supermercado e perruquería.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.