Escolares piden no Consello da Infancia de Vilalba unha rede na pista multiocio

TerraChaXa
Este órgano participativo constitúe unha ferramenta clave para escoitar a voz da infancia e da mocidade vilalbesa
consello-da-infancia-e-a-xuventude-de-vilalba
9 May 2025

O Concello de Vilalba celebrou unha nova convocatoria do Consello da Infancia e da Xuventude, un espazo no que están representados os centros educativos do municipio e que permite aos máis novos trasladar as súas inquedanzas e propostas directamente ao goberno local.

Este órgano participativo constitúe unha ferramenta clave para escoitar a voz da infancia e da mocidade vilalbesa, promovendo a súa implicación na vida municipal e fomentando valores de cidadanía activa.

Durante a sesión celebrada nesta xornada, os representantes escolares expuxeron diversas peticións, entre as cales destacou a solicitude de instalación dunha rede na pista multiocio do campo da feira. O Concello confirmou que esta mellora será executada nos vindeiros días, dando resposta así ás demandas formuladas polos máis pequenos.

⚙ Configurar cookies
0.16453289985657