Escollidas no Encontro de Torneiros as 55 pezas que formarán parte da mostra Contornos
Logo de tres intensas e concorridas xornadas, o XIX Encontro Internacional de Torneiros da Madeira clausurábase oficialmente no pavillón de Xermade coa presentación das 55 pezas que comporán a XIII Contornos. Esta exposición itinerante de madeira torneada inclúe deseños dos artesáns participantes e tamén un conxunto de insectos da agrupación Pájaros Locos, integrada por torneiros de toda España e que, como teñen por costume, idearon unha obra conxunta no encontro, bautizada como Animaladas.
Este foi o acto final tras a celebración dunha feira que novamente convertir a Xermade na capital cultural da fin de semana. Un ano máis batéronse os récords de asistencias con centos de persoas que se achegaron a ver as distintas creacións deste ano.
En total, presentáronse 510 pezas, 250 colgantes e 300 bolígrafos para un evento que congregou a 45 artesáns.