Escollidos en Outeiro de Rei os gañadores do concurso de decoración de Nadal

LugoXa | TerraChaXa
Os dous premios de 100 euros foron para Abel Vélez Lozano e a Manuel Cobas Gómez, ambos da parroquia de Sobrada
premio-decoracion-nadal-outeiro
10 Jan 2026

O Concello de Outeiro de Rei fixo públicos os resultados do IV Concurso de Decoración de Nadal de Fachadas e Xardíns 2025, unha iniciativa coa que o goberno local busca fomentar a participación veciñal e poñer en valor o esforzo realizado polas persoas participantes na ambientación do municipio durante as festas do Nadal.

Tras as deliberacións do xurado e atendendo ás bases establecidas no certame, concedéronse dous premios de 100 euros a Abel Vélez Lozano e a Manuel Cobas Gómez, ambos da parroquia de Sobrada, polas súas destacadas propostas decorativas.

Así mesmo, outorgáronse dous premios de 75 euros a Nuria Rodríguez Sear, da parroquia de Guillar, e a Florentina Román Illán, de San Félix de Paz, en recoñecemento á calidade e creatividade das súas decoracións.

Na categoría de premios de 50 euros, as persoas galardoadas foron Jessica Silva Rodríguez, veciña de Outeiro de Rei, e Alba Rodríguez Zapata, da parroquia de Silvarrei, completando así a relación de premiados desta cuarta edición do concurso.

Desde o Concello destacan o elevado nivel das decoracións presentadas e agradecen a participación de todas as persoas inscritas, subliñando que iniciativas como esta contribúen a crear un ambiente festivo e acolledor en todo o municipio. O goberno local informou tamén de que proximamente se dará a coñecer o día e a hora da entrega oficial dos premios.

⚙ Configurar cookies
0.077855110168457