Escollidos os gañadores do certame infantil da Tasca do Liño
TerraChaXa | LugoXa
A asociación Mulleres de Insua xa fixo pública a lista de gañadores do seu certame anual de poesía e debuxo, que se fai coincidir coa Tasca do Liño, que este ano non se puido celebrar por mor da covid-19.
12 Nov 2020

Así, no certame de debuxo a gañadora foi Tania Prado Teijido seguida de Andrés Maceira Vilasuso e Helena Hang Fernández Quintela.
No certame de poesía o primeiro premio foi para María Álvarez Martínez, o segundo para Emilia Martínez Fuentes e o terceiro correspondeu a Manuel Rubiños Ferreiro.
Segundo indicou a asociación, os premios entregaranse cando a situación sanitaria o permita.