Escollidos os gañadores do concurso de poesía e tarxetas de Nadal da Pastoriza
O xurado do XXI Concurso de Poesía e Tarxetas de Nadal, organizado pola Biblioteca Municipal da Pastoriza escolleu os seus gañadores.
Na modalidade de tarxetas de Nadal, os premios foron para Ainé Álvarez Lorido, Antía Iglesias Gacio, Isabel Sixto Barcia e Amira Ahdour na categoría A. Hugo Martínez Martínez, Mía Vázquez Goyos e Coral García Rancaño gañaron na B; e Cristian Folgueira Pasín, Xiana Martínez Martínez e Lucas Saavedra López foron os vencedores na categoría C. Na modalidade de poesía, o 1º premio da categoría B foi para Sergio Rodríguez Valle.
O xurado estivo composto por Constantino Fernández Leira (director do CEIP O Salvador), Noelia Fraga González (mestra do CEIP de Bretoña), María López Prado (auxiliar de biblioteca) e Digna Iglesias Aguiar (bibliotecaria e secretaria do xurado). Valorou a orixinalidade e sensibilidade artística dos traballos.
Desde o Concello da Pastoriza felicitouse a todos os premiados e animouse á mocidade a seguir participando nas futuras edicións do certame.