Escollidos os gañadores no concurso de decoración de Outeiro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Rei escolleu aos gañadores da segunda edición do concurso de decoración de Nadal en fachadas e xardíns da localidade.
7 Xan 2024

O Concello de Rei escolleu aos gañadores da segunda edición do concurso de decoración de Nadal en fachadas e xardíns da localidade.

O xurado escolleu, como dicían as bases, dúas decoracións para o primeiro premio, que equivale a cen euros. Son Manuel Cobas Gómez e Abel Vélez Lozano.

O segundo, con premio de 75 euros foi para os deseños de Marcos Carballeiro Domínguez e Nuria Rodríguez Sear. O terceiro, dotado con 5o euros, correspondeu a Alba Sánchez Arias e a Francisca Prieto López.

Os gañadores recibirán os seus premios en metálico na entrega, que aínda non ten data de celebración.

0.06850790977478