Esixen adecentar a praia vivariense de Covas e mantela limpa

TerraChaXa | AMariñaXa
O Grupo Municipal do Partido Popular de Viveiro presenta unha moción para o seu debate no próximo Pleno da Corporación local a través da que insta ao Concello de Viveiro a que garanta a limpeza e o acondicionamento axeitado da Praia de Covas, de tal modo que o areal poida ser utilizado en condicións de seguridade e salubridade para os seus usuarios.
9 Xul 2019

O Grupo Municipal do Partido Popular de Viveiro presenta unha moción para o seu debate no próximo Pleno da Corporación local a través da que insta ao Concello de Viveiro a que garanta a limpeza e o acondicionamento axeitado da Praia de Covas, de tal modo que o areal poida ser utilizado en condicións de seguridade e salubridade para os seus usuarios.
En concreto, os populares trasladan esta iniciativa á sesión plenaria trala petición de numerosos veciños e veciñas, así como de visitantes que lamentan a situación e a imaxe actual que presenta o que é o areal máis grande que ten Viveiro, cuxas características xunto ao seu ecosistema de dunas“a converten nun emblema para a cidade”.
O Grupo Municipal do PP lamenta que a praia de Covas estea chea de vexetación que medra de xeito incontrolado e inutiliza o areal nunha gran parte. Ademais, segundo critican dende o PP, “a gran cantidade de lixo existente e de réptiles provocan que este espazo non poida ser utilizado polos veciños e veciños, nin polos visitantes”. Os populares tamén denuncian que os ríos Cantarrana e de Loiba, que desembocan ao ancho do areal, “están en estado de abandono, carecen de limpeza e dan imaxe de pouca salubridade”.
O Partido Popular de Viveiro lembra que a Praia de Covas ata fai varios anos foi un dos espazos naturais de referencia de toda a cornixa Cantábrica e un gran reclamo para os numerosos visitantes que sobre todo en época estival se acercan á comarca. “Estamos a falar de que este areal ten unha repercusión moi importante no ámbito socio-económico do Concello”, precisan.
A Lei establece queé competencia municipal manter as praias e lugares públicos de baño nas debidas condicións de limpeza, hixiene e salubridade, por iso o PP de Viveiro insta ao Equipo de Goberno socialista a que recupere este paraíso natural.
Dun xeito máis preciso, pídenlle ao Concello que asuma ou faga as dilixencias necesarias para acadar unha total adecuación deste paraíso natural, incluíndose labores de limpeza, desinfección, recollida selectiva de residuos a pé de praia, eliminación das herbas que invaden o areal conservando as dunas no seu estado natural así como mantemento de lavapés, fontes e duchas. Tamén o volteo e despedregado da area.
Ademais, os populares piden que se coloquen contedores a pé de praiapara a recollida selectiva dos residuos e que tamén se realicen os traballos necesarios ou que se inste a quen proceda para acadar o adecentamento ou canalizado da desembocadura dos ríos de Loiba e Cantarrana.
 
 

0.18515205383301