Espazo en Familia tratará este luns sobre a educación e a intelixencia artificial

TerraChaXa
O encontro celebrarase este luns, 26 de xaneiro, ás 18.00 horas, no Soto da Casa Dopeso
espazo-en-familia-intelixencia-artificial
25 Jan 2026

O Espazo en Familia organiza un coloquio centrado na relación entre educación e intelixencia artificial, unha iniciativa pensada para acompañar ás familias nos cambios educativos actuais e fomentar a reflexión compartida sobre os novos escenarios de aprendizaxe. O encontro celebrarase este luns, 26 de xaneiro, ás 18.00 horas, no Soto da Casa Dopeso.

Durante a sesión abordarase como a intelixencia artificial está a transformar a maneira de aprender e de ensinar, analizando o seu impacto no ámbito educativo, os retos éticos e pedagóxicos que presenta e as posibilidades de integrar esta tecnoloxía de maneira responsable tanto no fogar como nas aulas.

A actividade está dirixida a familias interesadas en coñecer mellor estas ferramentas e en adquirir criterios para un uso consciente e axeitado da intelixencia artificial no proceso educativo. As inscricións poden formalizarse no Departamento de Servizos Sociais ou a través do código QR habilitado pola organización.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar a través do teléfono 606 706 088 ou do correo electrónico espazoenfamilia@gmail.com. Desde a organización lembran que Espazo en Familia é un punto de encontro para compartir experiencias, aprender en común e medrar xuntos.

⚙ Configurar cookies
0.077758073806763