Espazo Xove remata os torneos 3x3 da praza da Constitución

TerraChaXa
Finalizaron os torneos 3x3 de baloncesto e fútbol, que marcan o inicio do verán organizados polo Espazo Xove na praza da Constitución.
TORNEOS 3X3 VILALBA
24 Xuño 2022

Onte finalizaron os torneos 3x3 de baloncesto e fútbol en Vilalba, que marcan o inicio do verán organizados polo Espazo Xove da localidade na praza da Constitución.

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e o concelleiro de Deportes, Xosé Teixeiro, participaron na entrega de premios que deu por finalizada estas tres xornadas deportivas. Foi sen dúdbida unha lembranza especial para Jose Peón polo seu compromiso co deporte vilalbés.

Participaron nesta edición un total de 200 xogadores que ademais de xogar ao fútbol e o baloncesto participaron en xadrez e tenis de mesa.

O importante da reunión foi o compañerismo en tres días de torneos que remataron coa entrega de premios.

TORNEOS 3X3 VILALBA PORTADA
0.096941947937012