Espectáculo familiar 'A muller orquestra' no concello de Abadín

TerraChaXa
O domingo 15 de novembro, no salón de actos da Casa do Concello, as familias poderán gozar dunha divertida función organizada pola Xunta de Galicia no marco do programa FalaRedes
ABADIN os bolechas
11 Nov 2025

O concello de Abadín acolle o sábado 15 de novembro ás 12.30 h no salón de actos da Casa do Concello o espectáculo 'A muller orquestra' de Os Bolechas, dirixido ao público familiar. A actividade está organizada pola Xunta de Galicia no marco do programa FalaRedes, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística que ten como obxectivos ampli­ar a oferta de lecer en galego, promocionar o uso e a valoración da lingua e apoiar os artistas galegofalantes.

Esta función chega ao municipio para ofrecer unha experiencia lúdica en galego, dentro dun ciclo de actuacións que percorre diversos concellos da Rede de Dinamización Lingüística. A sesión contribuirá á dinamización cultural e lingüística da localidade, así como ao fortalecemento da identidade lingüística entre as familias. Recoméndase asistir con antelación dado que as prazas poden estar limitadas.

⚙ Configurar cookies
0.070635080337524