Esta fin de semana a localidade de Catro Camiños celebra as súas festas

TerraChaXa
Esta fin de semana a parroquia de Catro Camiños, en Vilalba celebra as súas festas do Cristo con dúas xornadas de festa
Festas catro camiños portada
1 Maio 2023

Esta fin de semana terán lugar en Catro Camiños, Vilalba, as Festas do Cristo. 

Estas darán comezo o venres 5 de maio, a partir das 21.30 horas cunha liscada e chourizos de balde para todos os asistentes e contará coa actuación do Estrellas.

O día grande será o sábado 6 que dará comezo ás 13.30 cunha sesión vermú a cargo da orquestra JB Son. 

A verbena da noite contará tamén coa actuación da orquestra JB Son e do grupo Os Adrianos. 

A organización lembra que o campo estará cuberto cunha carpa.

Festas catro camiños
0.20040321350098