Esta fin de semana celebrarase unha nova edición das Xornadas de historia de Riotorto
A casa da cultura Avelino Díaz de Riotorto acolle esta fin de semana a novena edición das Xornadas da Historia de Riotorto, organizadas pola asociación cultural Arrincadeira, que contemplan dúas actividades.
Así o sábado 21, ás 19.30 horas, presentarse o libro de actas das VII Xornadas. Nel inclúese un traballo sobre os segadores da Órrea en Castela da autoría de Carlos Veiga García. Así mesmo José Manuel Salgado Mosquera recollerá o seu estudo dos foucíns e a ponencia de Xosé Ramón Ermida Meilán co título Entre dous bandos: conficto, represión e resistencia en Riotorto.
A continuación Francisco Canosa Martínez, doutor en xeoloxía, falará sobre a xeoloxía do Concello de Riortorto.
O domingo, a partir das 15.30 horas, farase unha visita guiada á mina aurífera de Val con saída da casa da cultura. Esta estará a cargo de Iván ÁLvarez Merayo, arqueológo licenciado en Xeografía e Historia.