Esta fin de semana hai festas en San Martiño de Lamas

TerraChaXa
A parroquia de San Martiño de Lamas, en Cospeito, celera as súas festas parroquiais na honra a San Antonio esta fin de semana
San martiño de laas festas portada
San martiño de laas festas portada
25 Maio 2023

A parroquia San Martiño de Lamas, en Cospeito, celebra as súas festas na honra a San Antonio e San Martiño este sábado 27 e domingo 28.

As celebracións darán comezo o sábado ás 13.30 cunha misa con procesión e a continuación haberá un vermú a cargo da orquestra Escaparate.

A verbena da noite contará coas actuacións da orquestra Escaparate e do grupo Merengue.

O domingo a misa será tamén ás 13.30, con procesión, e para finalizas as celebracións haberá un sesión vermú a cargo de grupo Merengue.

Dende a organización informa que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.

San Martiño de Lamas
0.11402297019958