Esta fin de semana remata a programación do Festival de Pardiñas

TerraChaXa
Esta fin de semana chega ao seu final a programación deseñada pola Asociación Cultural Xermolos para celebrar o XLI Festival de Pardiñas.
107640946_10159089646474363_1527564157669166552_o
27 Ago 2020

Esta fin de semana chega ao seu final a programación deseñada pola Asociación Cultural Xermolos para celebrar o XLI Festival de Pardiñas. Co obxectivo de "manter viva a cultura e música, mesmo nos tempos máis arriscados" crearon unha programación cultural que se desenvolveu en varios rincóns do Concello durante todo o mes de agosto co título de Feira e Festa da Música e das Artes.

Tras moitas celebracións, esta fin de semana rematan a programación con diferentes actividades. Así, o sábado estarán na Casa das Artes de Pardiñas na que haberá unha homenaxe aos Artesáns de Pardiñas. Entre as actividades figura a  presentación do Caderno O canteiro de Pardiñas, Ramón Villar e o libro Palleta maldita de Sito Carracedo no seu obradoiro. Tamén presentará o seu libro Laura Romero, Ferreñas e Rockand Roll. Finalizarán cun concerto no recinto da Casa das Artes.

O domingpo haberá dobre sesión. Pola mañá estarán no Vilar cunha homenaxe ás aldeas no Camiño Norte de Santiago
e ás 12.00 un parladoiro con Alfonso Blanco sobre O Camiño de Santiago ao pé da Cova da Serpe. Tamén haberá cinema ao aire libre co documental A Cova da Serpe. Finalizarán cun concerto ao aire libre do grupo Sons de Aldea.

Pola tarde, en Santa Locaia no Camiño Norte presentarase, ás 18.00, o cómic Lendas do peregrino de Xavier Varela, no albergue, escultor e escritor ao pé do Camiño. A última actividade programada será o concerto ao aire libre de Sons da Aldea.

0.14658999443054