Esta fin de semana Román está de festa

A parroquia de Román, en Vilalba, celebra as súas festas esta fin de semana na hora de Santa Eulalia, Pascua e San Antón.
O sábado a misa con procesión celebrarase ás 13.00 para continuar cunha sesión vermú coa actuación da orquestra Primera Línea. Pola noite, os encargados de amenizar a verbena serán Cinema e o Combo Dominicano.
A misa do domingo dará comezo tamén ás 13.00 e o final de festa será a sesión vermú a cargo do dúi Stylo.
Dende a organización informan que o campo da festa estará cuberto con carpa.
Volverá haber festas a fin de semana do 7 e 8 de xuño con Grupo Rubí, Mar de Arousa e Tango.