Esta fin de semana serán as festas virtuais da parroquia de Ponte de Outeiro
Esta fin de semana serán as festas virtuais da parroquia de Ponte de Outeiro, en Castro de Rei.
Este ano serán os días 11, 12 e 13 de setembro debido á situación sanitaria do país, fin de semana que coincide coas festas do pobo, e serán virtuais.
Nun comunicado, a comisión indicou que "non queremos contaxios" razón pola que decidiron cambiar as habituais festas presenciais por unha convocatoria virtual, emprazando á veciñanza ás do próximo ano.
Así, este setembro as redes sociais acolleran unha festas virtuais nas que haberá moita música baixo a máxima Se non hai festa faise.
As festas desenvolveranse polo tanto nas redes sociais de facebook e instagram con música, poesía e maxia como principais atractivos.
A programación consistirá en que cada hora da fin de semana irase subindo un vídeo ás redes sociais para que a xente vexa "os grandes músicos da nosa terra tocar e saudar á xente de Outeiro". Estarán presentes artistas como Luis Caruncho, Ruxe-Ruxe, Los Jinetes del Trópico, García MC, Germán Díaz... e outros máis coñecidos, como Cristian Silva, Hugo Torreiro e De Vacas.
Ademais, dende agosto viñéronse celebrando sorteos de máscaras, camisetas, chapas e ata bolsas de tela de diferentes marcas galegas. Ademais, para rematar, o domingo á tardiña a música que presentarán vai ser exclusivamente outeirán, cos participación dos músicos da Ponte de Outeiro.
O venres ás 22.30 abriranse as festas da man de Andrea e Sandra Méndez en directo dende o campo. Ademais farase un soprteo durante a actuación. Todo isto en directo dende a páxina de Facebook.