Esta fin de semana terá lugar un novo Roteiro Avelino Díaz

TerraChaXa | AMariñaXa
Está prevista unha cea reivindicativa o sábado 31 na Taberna da Louseira
roteiro-avelino-diaz-meira-riotorto
28 Ago 2024

Esta fin de semana terá lugar a décima edición do Roteiro Avelino Díaz, organizado pola asociación que leva o seu nome.

Así o sábado 31 remata o mes con música, na praza Maior, non Cabanón se chove, ás 20.00 horas coa actuación de Arrincadeira Folk. Logo, haberá unha cea reivindicativa por Avelino Díaz na Taberna da Louseira ás 22.00 horas. A cea ten un prezo de 18 euros e ten como finalidade reivindicar un Día das Letras Galegas para o poeta local.

E para comezar o mes de setembro, o domingo día 1 (feira en Meira) terá lugar o X Roteiro Avelino Díaz, con saída da casa natal do poeta na Órrea ás 10.30 horas cun percorrido de 9.5 km rematando no parque Río Barxa. Haberá petiscos variados ao final da ruta na casa da cultura de Meira ás 14.00 horas.

Ademais será colocado un novo chanto de Avelino do escultor meirego Mano Pardo, que estará á altura do Val da Cal.

As persoas que desexen anotarse á cea, ao roteiro ou a ámbolos dous deberán inscribirse antes do 30 de agosto por Whatsapp nos número 636 721 008, 647 904 828, 609 053 213 ou 618 480 957.

0.18863415718079