Esta fin de semana vivirase nas Pontes unha completa Feira do Grelo
Feira do Grelo do Concello das Pontes celebrará, o próximo fin de semana, o seu 40º aniversario. Unha cita gastronómica que ten como obxectivos exaltar un dos produtos máis emblemáticos da gastronomía local e render homenaxe á agricultura máis tradicional.
O programa de actividades, deseñado polos departamentos de Cultura e de Turismo do concello pontés, conxuga as actividades máis tradicionais como o concurso de cestas ou a mostra de asteranía con outras máis novidosas como unha actividade gastronómica na que participaran tres reputados cociñeiros, apostando ao mesmo tempo pola promocion dos produtos agrícolas, gandeiros e a música tradicional.
As actividades, que se desenvolverán durante os días 22 e 23 de febreiro, comezarán o sábado, ás 11:00 horas da mañá coma apertura da XIII Exposición CONtornos , exposición itinerante de madeira torneada, na primeira planta do Mercado Municipal.
Á mesma hora, na rúa Ramón Cabanillas, a Asociación Amigos da Madeira das Pontes levará a cabo unha exhibición de torneado en talla de madeira e na Praza de América abriranse as portas da feira “Son de Campo” promovida pola Federación de mulleres rurais FADEMUR, na que os visitantes poderán adquirir, durante toda a fin de semana, produtos autóctonos de alimentación, agasallos, cosmética, pezas de xoiería.
Na rúa Alexandre Bóveda, os asistentes á 40 edición da Feira do Grelo de As Pontes poderán visitar a VI Mostra Mostra da Federación de Razas Autóctonas de Galicia (cabra e a ovella, o porco celta ou o can de palleiro) e exhibición de especias avícolas na que a veciñanza e visitantes poderán coñecer máis de preto algunhas especies propias da comunidade autónoma galega como a cabra e a ovella, o porco celta ou o can de palleiro.
Durante toda a mañá do sábado, 22 de febreiro, o grupo de gaitas Canavella animará as rúas do centro urbano e ás 12:30 horas, na Casa Dopeso presentarase o documental “O latexo do tempo humano” no que os artesáns Lolo de Severiano, Tito Ledo e Lola Turón dan a súa visión sobre tres pezas arqueolóxicas, o traballo artesán e a madeira.
A música voltará ás 17:00 horas cun concerto de música tradicional, na Praza de América no que participarán a formación Os Viqueiras que interpretarán, acompañados de catro cabezudos que bailarán ao son da música, as pezas do seu libro-disco Vilaverde.
Tras esta actuación será a queda de Dequenvessendo, grupo de folk galego que nace no ano 2016, frotio do encontro de mozos e mozas coas mesmas inquedanzas musicais e culturais e que, pese a súa curta traxectoria, conta con varios premios no seu haber entre o que destaca, Runas 2019, premio do Festival de Ortigueira.
O domingo, o día grande da Feira do Grelo, as actividades arrincarán co tradicional concurso de cestas no patio do Colexio Santa María. Os produtores poderán presentar as suas cestas de grelos ata as 10:00 da mañá e ás 11:00 horas o xurado fará entrega dos premios, na carpa do Colexio Santa María, ás cestas gañadoras.
Os participantes optarán a tres premios, á mellor calidade do grelo, de 400, 250, 200 euros e a 5 accésits de 75 euros cada un. O premio especial Alexandre Pérez Sindín, á cesta mellora valorada terá unha coantía de 300 euros e inclúe unha peza de artesanía doada pola Asociación Amigos da Madeira.
Desde ás 11:30 horas ata ás 13:00 horas, na carpa do Colexio Santa María celebrarase unha actividade gastronómica na que os cociñeiros Adrián Fuentes do Restaurante Abisal, finalista do concurso Cociñeiro do Ano Forum Gastromómico 2019; Bruno Pena, presidente da Asociación de Cociñeiros da Mariña e cociñeiro do Hotel OCA Foz e Álvaro Victoriano Aguado, cociñeiro do Restaurante Peculiar elaborararán e darán a probar diferentes pratos elaborados con grelos, presentada por Marta Doviro, actriz e presentadora da TVG que entrevistará a diversos productores locais.
A partir das 13:00 horas, no patio de Santa María celebrarase a degustación popular, que incluirá un menú composto por sopa, cocido con grelos, costela, lacón, chourizo, garavanzos e patacas, ademais de requeixo da Faeira e mel de Goente de sobremesa. O prezo será de dez euros por persoa e o menú estará dispoñible para levar. Aqueles que queiran degustar freixós, deberán trasladarse á Avenida da Coruña, onde estará instalada a freixoeira, onde poderán mercar unha ducia de freixós por 5 euros.
Durante a xornada dominical a música terá de novo un papel protagonista cos pasarúas de No Combaro e Os Trevillas e os concerto da Banda da Balbina, a partir das 13:00 horas, na Praza de América.
O broche de ouro da 40ª Edición da Feira do Grelo porano Tanxugueiras que acturán, a partir das 18:30 horas, no Auditorio Municipal Cine Alovi, para presentar o seu último disco no que inciden na recuparación da tradición das pandereteiras, integrando diferentes harmonías e estilos.
Desde o Concello de As Pontes animan a toda a veciñanza e visitantes a gozar desta nova edición da Feira do Grelo desexando que o programa deseñado, tratando de atender ós gustos de todo os públicos.
Podes consultar o programa completo neste enlace.