Esta madrugada do domingo entrarase no horario de verán

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O cambio de hora que dará paso ao horario de verán producirase nesta madrugada do domingo 27, cando os reloxos deberán adiantarse unha hora.
cambio horario de veran reloxo
25 Mar 2022

O cambio de hora que dará paso ao horario de verán producirase nesta madrugada do domingo 27, cando os reloxos deberán adiantarse unha hora.

Cando as agullas do reloxo marquen as dúas da madrugada, teranse que avanzar ata as tres. A modificación horaria aplícase en todos os países da Unión Europea para intentar axustar a xornada laboral ás horas de luz natural.

A consecuencia máis inmediata do cambio de hora é que amencerá e anoitecerá unha hora despois, polo que dispoñerase de máis tempo de luz solar polas tardes. Iso adoita beneficiar aos negocios de lecer como a restauración, xa que a xente tende a alongar os paseos e a regresar a casa máis tarde.

O cambio de hora de marzo do 2020 non será o último. Xa hai datas para os seguintes que serán 0 26 de marzo de 2023, o 31 de marzo de 2024, o 30 de marzo de 2025 e o 29 de marzo de 2026.

O horario de verán rematará o 30 de outubro de 2022, o 29 de outubro de 2023, o 27 de outubro de 2024, o 26 de outubro de 2025 e o 25 de outubro de 2026.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16488695144653