Esta Semana Santa volverá o Máster de Futbolín con máis premios
O Máster Nacional de Futbolín de Rábade, que este ano chega a viséximo cuarta edición, celebrarase nas datas previstas para o mes de abril, concretamente o 6, 7 e 8, coincidindo, como é tradición, coa festividade da Semana Santa.
Este ano o torneo aumenta a cuantía dos premios e engade algún trofeo máis polo que repartirá 12.000 euros, 2.00o máis que na edición anteior. Coa inscrición aberta, prevese chegar de novo a máis de 300 parellas participantes. As incripcións custarán 25 euros por persoa.
Como en anteriores edicións, haberá cinco modalidades de xogo e tres niveis e xogarase no pavillón do colexio, e nas cafeterías Papyrus e Os Castro.
O Gran Máster Nacional de Futbolín repartirá un total de 12.000 euros en premios. Os de movemento e en parado estarán dotados cun primeiro premio de 1.200 euros e trofeo. O resto de premios, ata un total de 28, oscilarán entre os 600 e os 25 euros.
Ademais os trofeos serán diferentes xa que se elaboran para cada torneo e terán un deseño exclusivo e orixinal.
Tamén contarán de novo cos trofeo Alejandro Finisterre, para o xogador máis regular; o trofeo Concellería de Deportes para o mellor xogador e o trofeo David García, para o mellor porteiro. Este ano engádese o trofeo Guiller ao mellor xogador de Galicai, o trofeo Bola Meiga á amistade, o trofeo Peña Rábade Futbolín á peña máis participativa e o trofeo Merchi á mellor xogadora. Con este último quérese ofrecer unha homenaxe a unha das primeiras gañadoras que aportou moito o futbolín.
O mércores 5 de abril darase o pistoletazo de saída coa presentación do evento ás 12.00 horas e o sorteo de equipos ás 15.00 horas. E as competicións iniciaranse o xoves 6 a partir das 17.30 horas coa modalidade parellas cegas.
O venres 7 será o día dedicado ás modalidades en parado e feminina, que darán comezo ás 11.00 horas.
O sábado 8 ás 10.00 horas será a quenda da de movemento e as finais xogaranse a partir das 21.00 horas para poder entregar os trofeos ás 23.00 horas.