Extinguido o incendio de Vilalba
TerraChaXa
O personal contraincendios conseguiu estabilizar ás 17,10 horas da tarde de onte un lume rexistrado no concello de Vilalba, concretamente na parroquia de Vilapedre, que afectou a unha superficie de 35,91 hectáreas de monte raso.
19 sep 2018
O personal contraincendios conseguiu estabilizar ás 17,10 horas da tarde de onte un lume rexistrado no concello de Vilalba, concretamente na parroquia de Vilapedre, que afectou a unha superficie de 35,91 hectáreas de monte raso. Declarouse como completamente extinguido ás 00,11 horas.
O incendio comezou onte ás 10,06 h. por causas aínda sen determinar e para a súa estabilización traballaron 1 técnico, 4
axentes, 10 brigadas, 8 motobombas e 1 pa.
Na mesma xornada foron extinguidos tamén en Galicia outros dous lumes, en Lobios e en Vilariño de Couso, tras afectar a 25 e 45 hectáreas, respectivamente.