Estase a arranxar un tramo de pista entre as parroquias de Rinlo e da Devesa

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Ribadeo está a arranxar estes días un tramo de pista entre as parroquias de Rinlo e da Devesa.
Captura de pantalla 2019 09 27 a las 11.14.42
1 Out 2020

O Concello de Ribadeo está a arranxar estes días un tramo de pista entre as parroquias de Rinlo e da Devesa. Faino con fondos propios, segundo explicou o concelleiro de Medio Rural, Jesús Mundiña.  

O edil ribadense dixo que “a ampla rede de camiños de titularidade municipal do concello de Ribadeo esixe que constantemente se estean realizando neles traballos de conservación e mellora tratando de corrixir o deterioro que se produce polo seu uso ou polas adversas condicións meteorolóxicas, como é o caso dun tramo de pista entre as parroquias de Rinlo e A Devesa. Estes días estase a mellorar o firme de zahorra, o que supón un custo de 3.500 euros financiados con fondos propios do Concello de Ribadeo”.

Jesús Mundiña engadiu que “os recursos económicos cos que conta o Concello son limitados, polo que facer a reposición do firme que se deteriora con aglomerado asfáltico en toda a rede e camiños non é posible, pero trataremos de mantelos nas mellores condicións posibles”. 

0.078421831130981