Este ano rexistráronse na provincia 344 denuncias por violencia de xénero

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A subdelegada asegura que a violencia de xénero segue a ser un dos máis graves problemas sociais a pesar da tendencia a baixa das denuncias.
violencia xenero
30 sep 2021

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, alertou de que no que vai de ano producíronse 344 denuncias por violencia de xénero na provincia de Lugo segundo os rexistros da Unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno.

Isabel Rodríguez explicou que “aínda que polo momento observamos unha tendencia á baixa na cifra de denuncias, xa que no ano 2020 rexistráronse 682 e en 2019 foron 753, este segue a ser un dos problemas sociais máis graves aos que nos enfrontamos porque a súa magnitude non é cuestión de números senón do sufrimento das vítimas da violencia machista”.

A situación da violencia de xénero na provincia analizouse hoxe nunha xuntanza que celebrou a Comisión técnica de coordinación en materia de violencia de xénero da Subdelegación do Goberno. Na reunión participaron, ademais da xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller, María Luis Castro, representantes da Policía Nacional, a Garda Civil, a Policía Autonómica e Institucións Penitenciarias.¡

Segundo se informou na xuntanza, a data 27 de setembro, estaban rexistrados 599 casos activos no sistema Viogen correspondentes á provincia de Lugo dos que 1 ten a valoración de risco alto, 75 medio, 244 baixo e 279 non apreciado.¡

En canto a recursos para a protección das vítimas, 30 dispoñen do servizo de atención telefónica Atempro e 24 do dispositivo de protección COMETA.

0.16392493247986