Este domingo chega a Vilalba a obra de teatro ‘Zozobra’
TerraChaXa
Enmárcase no Programa Camino Escena Norte, á cal está adherida a Concellería de Cultura

20 Sep 2025
O tenente de alcalde Modesto Renda e a concelleira de Cultura Mónica González presentaron unha nova proposta cultural para este domingo día 21 de setembro. Será ás 20.00 horas no auditorio municipal con entrada de balde.
Trátase da peza Zozobra, de Maxi Rodríguez, e que en palabras do propio autor é unha 'labazada de teatro que axita conciencias'.
A obra enmárcase no Programa Camino Escena Norte, á cal está adherida a Concellería de Cultura.