Este domingo conclúe a décimo novena edición do Mercado dos Domingos de Ribadeo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Este domingo, 11 de outubro, conclúe a décimo novena edición do Mercado dos Domingos, que se veu celebrando desde o pasado 5 de xullo na contorna da praza de abastos.
10 Oct 2020

Este domingo, 11 de outubro, conclúe a décimo novena edición do Mercado dos Domingos, que se veu celebrando desde o pasado 5 de xullo na contorna da praza de abastos. A xornada estará amenizada a partir das doce do mediodía por Souto Xímaro, de Mondoñedo.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, indica que “este ano, debido á pandemia da Covid-19, non celebraremos a tradicional Feira da Horta, que era o colofón ao Mercado dos Domingos. Contaremos con animación musical desde media mañá”.

O Mercado dos Domingos ten lugar de 9 a 14 horas e está organizado polo Concello e pola asociación A Sucadoira. Con el búscase promocionar o consumo de local e de proximidade e apoiar a creación de canles de comercialización máis curtas coa clientela e axudar a unha mellora da sostibilidade e  da economía local.

O edil nacionalista subliña que “no Concello de Ribadeo leva anos apostando por este mercado que sempre é beneficioso para a economía local, para os pequenxs produtorxs da zona e tamén para nós mesmos. O Mercado dos Domingos foi durante todo este tempo un mercado seguro, que contou con todas as medidas que se veñen aplicando para garantir a seguridade alimentaria, das persoas vendedoras e tamén dos compradores e visitantes”.

Pablo Vizoso fai un balance positivo da décimo novena edición do Mercado dos Domingos: “a cita contribuíu á darlles máis vida, máis ambiente, ás mañás dos domingos en Ribadeo. Moitas son as persoas que ano tras ano acoden nesas xornadas a mercar froitas, verduras, embutidos, produtos artesáns, etc… e aproveitan para pasear por Ribadeo, para mercar tamén no seu comercio, e para tomar algo nos nosos bares e restaurantes. Quero agradecerlles a participacións aos vendedores e vendedoras que estiveron no Mercado dos Domingos e aos clientes pola súa fidelidade”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16706204414368