Este domingo terá lugar a peregrinación de Saavedra

TerraChaXa
A saída está prevista ás 13.00 horas en Fonte Fría, para rematar ás 16.30 no santuario dos Milagres
peregrinacion-virxe-dos-milagres-begponte
9 May 2025

Este domingo, 11 de maio, terá lugar a peregrinación Nosa Señora dos Milagres de Saavedra, enmarcada no Xubileu da Esperanza 2025 baixo o lema Camiñemos xuntos na esperanza. A saída está prevista para as 13:00 horas dende Fonte Fría, e a chegada ao Santuario dos Milagres de Saavedra está programada para as 16:30 horas.

Ás 16:00 horas haberá confesións no santuario, seguido da misa ás 17:00 horas, que será presidida por Monseñor Fernando García. A xornada culminará cun momento de convivencia e animación a cargo do grupo Mestura de Nete a partir das 17:45 horas.

Para máis información, pódese contactar coa parroquia de Santa María de Villalba a través dos teléfonos 671147777 e 691500155, correspondentes a Ángel Campos.

⚙ Configurar cookies
0.16415500640869