Este mes acondicionarase a vía que une os barrios de Samil e A Fraga, no Carballido

TerraChaXa
Na actualidade, os veciños teñen que rodear ata Aldixe (Abadín) para acceder ás súas vivendas.
modesto-renda-samil-a-fraga-carballido
5 Jan 2026

O tenente de alcalde de Vilalba, Modesto Renda, vén de anunciar unha nova obra no rural. Concretamente trátase da renovación completa da vía que comunica os barrios de Samil e A Fraga, na parroquia de Carballido.

Para o responsable político é unha actuación que parte da necesidade de dotar dun acceso digno aos veciños/as do barrio Samil, que na actualidade teñen que rodear ata Aldixe (Abadín) para acceder ás súas vivendas.

A obra iniciarase xa este mes.

⚙ Configurar cookies
0.083545923233032