Este sábado haberá un novo campionato de tute en Árbol

TerraChaXa
O prazo para anotarse remata este xoves 15, sendo de balde para socios
campionato-de-tute-arbol
13 Jan 2026

A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol organiza este sábado, 17 de xaneiro, o XV Campionato de Tute. A inscrición é de balde para os socios, e 10 euros para o resto das persoas.

Haberá premios para os primeiros clasificados, e ademais ao rematar tamén poderán desfrutar de pinchos gratis.

O prazo para anotarse remata este xoves 15. Para inscribirse hai que chamar ao 660 684 279 e 680 442 531.

⚙ Configurar cookies
0.075715065002441