Este sábado haberá unha nova visita á casa museo da Reitoral de Santaballa

TerraChaXa
As persoas interesadas deben contactar a través do correo
casa-reitoral-de-santaballa
4 Out 2024

Dende a Asociación Cultural de Amigos da Liga Santaballesa fai anos que están a traballar  nun proxecto que tivo unha boa acollida recibindo numerosas visitas, que foi converter a Reitoral de Santaballa nunha casa museo.

Este sábado, esta volve abrir as súas portas para que os que o desexen visiten no seu interior a exposición da Historia de Galicia que contén.

A próxima visita terá lugar este sábado, 5 de outubro. As persoas interesadas deben contactar a través do correo ligasantaballesa@gmail.com. No asunto débese escribir Visita Reitoral.

0.15090489387512