Este sábado será a oitava edición da carreira popular de Friol

TerraChaXa
O Concello retoma a súa cita deportiva mais importante, a Carreira Popular, coa colaboración do Club de Atletismo Friol
VIII Carreira popular de Friol 2022
8 Abr 2022

Este sábado será a oitava edición da carreira popular que retoma a súa celebración despois do parón obrigado pola pandemia.

Esta nova edición da carreira popular en Friol terá saída na Praza de España (diante do Concello). Haberá dúas categorías: a de menores que comezará ás 17:15 horas e seis distancias diferentes (100, 300, 400, 2100 e dúas de 1400 metros); e a absoluta con dez categorías que terá como hora de inicio ás 18:00 horas, cuxo recorrido será de cinco quilómetros. Saída da Praza de España, avenida de Lugo, ao pasar a gasolineira, estrada dirección Ousá ata a rotonda, onde se tomará a circunvalación dirección Friol, rúa Santa Isabel ata enlazar coa Avenida de Lugo, á altura do colexio daráselle unha volta ao mesmo para entrar na meta.

A entrega de premios será sobre as 19:00 horas diante da casa consistorial.

Esta celebración deportiva xa é característica do Concello de Friol, pois debido ao éxito das anteriores edicións e ao aumento de público e participantes en cada nova edición, o Concello de Friol, continuará involucrándose tanto económica como organizativamente para poder  repetir cada ano probas deportivas de este tipo.

Esta nova edición da carreira popular súmase a outros acontecementos deportivos que o Concello de Friol organiza durante o transcurso de cada ano. 

0.10301208496094