Este venres poderá doarse sangue nas Pontes
TerraChaXa
A unidade móbil de doazón de sangue estará o venres 9 de outubro no Concello das Pontes, concretamente na praza do Carmen para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
8 Oct 2020

O vehículo prestará servizo entre as 16.00 a as 21 horas.
O servizo lembra que para doar sangue hai que almorazar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.
Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.