Este sábado proxectan en Vilalba o filme Lúa Vermella
TerraChaXa
Remata a programación do ciclo de cine galego proxectando outra das películas finalistas dos Premios Mestre Mateo 2021, Lúa Vermella.
25 Maio 2021
O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, remata a programación do ciclo de cine galego proxectando outra das películas finalistas dos Premios Mestre Mateo 2021, Lúa Vermella, do director Lois Patiño, que terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o vindeiro sábado 29 de maio, ás 19:30 horas.
A filme sitúase nunha vila da costa galega no que o tempo parece terse detido. Tódalas persoas están paralizadas aínda que se poden oír as súas voces: falan de pantasmas, de meigas, de monstros. Ao lugar chegan tres mulleres buscando ao Rubio, un mariñeiro da vila que desapareceu no mar.