Este venres terá lugar en Vilalba a segunda proxección de curtas dos Premios Mestre Mateo
TerraChaXa
Esta sétima proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o venres 29 de novembro, ás 20:00 horas
26 Nov 2024
O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a 2ª Sesión de Curtas coa proxección de 4 curtametraxes: Illa Cordura, nena, O monstro e a nena e In Half.
Continúase así co Ciclo Mestre Mateo que durante o último trimestre do presente ano brinda a oportunidade de poder gozar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII Premios Mestre Mateo.
Esta sétima proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o venres 29 de novembro, ás 20:00 horas.