Este xoves 14 darán comezo as festas en Xiá, Friol

A localidade de Xiá, en Friol, acollerá a terceira fin de semana de agosto as súas festas na honra á Nosa Señora. O prato forte serán os días 15 e 16, mentres que o xoves 14, haberá unha previa cunha churrascada gratis a partir das 21.30 horas e co dj Maikstyle como acompañamento musical.
O venres, a xornada comezará ás 13.00 horas cunha misa solemne, sesión vermú e verbena pola noite a cargo da orquestra Compostela.
O sábado, o protagonista da verbena será a orquestra Alianza. A maiores, haberá misa e sesión vermú, que será á mesma hora.