Estes son os 14 deputados que escolleron os lucenses

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Galicia escolleu o seu Goberno autonómico nas eleccións disputadas este domingo.
elena_candia_vota_en_lugo_18f
19 Feb 2024

Galicia escolleu o seu Goberno autonómico nas eleccións disputadas este domingo. Aínda que o resultado final era saber quen gobernará a Xunta durante catro anos, as urnas tamén dilucidaron os 14 representantes da provincia que estarán no Parlamento galego.

Dos 14 deputados, o PP logrou 8, un menos que nos pasados comicios. Logrou maioría en todos os concellos agás en tres, Negueira, Ribeira de Piquín e Pedrafita, nos que o PSOE volveu ser o triunfador da noite. Con estes tres concellos, o PSOE só logrou obter dous deputados pola provincia, seguindo a tendencia xeral dos socialistas en Galicia.

Friol volve ser o principal feudo do PP na provincia de Lugo, que obtivo o 73,8 % dos votos, aínda que destacan tamén outros feudos importantes como Guntín, Baralla, Carballedo, Paradela, Portomarín, Begonte e A Pastoriza.

Na provincia, o crecemento maior foi o do BNG, que quedou co deputado que perdeu o PP e leva catro representantes á cámara autonómica. Foi a segunda lista máis votada en 48 concellos mentres que o PSOE foi a segunda 16.

Moi lonxe quedaban de obter representación Vox e Sumar, e o afundimento en votos foi para Podemos, que recolleu menos votos que Pacma ou Escanos en Branco.

PARTIDO POPULAR

1. María Elena Candia López
2. Javier Arias Fouz
3. Alfonso Villares Bermúdez
4. Cristina Sanz Arias
5. José Manuel Mato Díaz
6. Raquel Arias Rodríguez
7. José Manuel Balseiro Orol
8. Enrique Barreiro Sánchez

BNG

1. Olalla Rodil Fernández
2. Daniel Castro García
3. Montserrat Valcarcel Armesto
4. Iago Suárez Fernández

PSOE

1. José Ramón Gómez Besteiro
2. Lara Méndez López

Coñece algo máis dos deputados

PP

  • Elena Candia. 45 anos. Avogada. Vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia na última lexislatura e voceira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo.
  • Javier Arias Fouz. 46 anos. Avogado. Actual delegado da Xunta de Galicia en Lugo.
  • Alfonso Villares. 53 anos. Veterinario. Actualmente conselleiro do Mar e ex alcalde de Cervo dende 2007 ata xuño de 2023.
  • Cristina Sanz. 53 anos. Economista. Concelleira do Partido Popular no Concello de Lugo e deputada no Parlamento de Galicia na última lexislatura, ocupando nos últimos meses a portavocía de Facenda.
  • José Manuel Mato. 69 anos. Ex alcalde de Paradela con 12 maiorías absolutas.
  • Raquel Arias. 57 anos. Xornalista. Concelleira do Partido Popular no Concello de Sober e actualmente vicevoceira no Parlamento de Galicia.
  • José Manuel Balseiro. 61 anos. Concelleiro do Partido Popular no Concello de Cervo e deputado no Parlamento de Galicia dende 2005.
  • Enrique Barreiro. 34 anos. Licenciado en Administración e Dirección de Empresas. Tenente de Alcalde no Concello de Friol.

BNG

  • Olalla Rodil Fernández. Deputada no Parlamento de Galiza na última lexislatura, pola zona centro.
  • Daniel Castro. Deputado no Parlamento de Galiza na última lexislatura. A Mariña
  • Montserrat Valcárcel Armesto (Independente). Doutora en enxeñaría agrónoma. Profesora na USC. Foi vicerreitora do Campus Terra. Lugo
  • Iago Suárez Fernández. Tradutor e intérprete. Xornalista. Lugo Sur.

 

PSOE

  • José Ramón Gómez Besteiro. 57 anos. Avogado. Entre outros cargo foi presidente da Deputación de Lugo, secretario xeral do PSdeGPSOE e Delegado do Goberno.
  • Lara Méndez. 51 anos. Enxeñeira Técnica Agrícola. Foi alcaldesa de Lugo desde 2015 ata este ano.
0.18211698532104