Estréase na Pastoria a agrupación de teatro local Xa-tá

A Pastoriza acollerá o venres 11 de xullo a estrea dunha nova obra da Agrupación Xa-tá, un proxecto teatral creado e protagonizado por veciños e amigos do concello, baixo a dirección do actor Guillermo Cancelo. A función terá lugar ás 22:00 horas no salón de actos do Concello, con entrada libre para todo o público.
Esta proposta, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais da Pastoriza en colaboración co Concello, nace do agarimo, o humor e a paixón polas artes escénicas dun grupo de persoas que apostan pola cultura local e o teatro como ferramenta de encontro comunitario.
A obra promete risas, emocións e historias que conectarán co público, nunha cita cultural para gozar en familia e en comunidade, demostrando que o talento tamén está na casa.