Estudan ampliar o horario do servizo de madrugadores no Ceip Veleiro Docampo

TerraChaXa
O Concello de Castro de Rei puxo en marcha o servizo Madrugadores no Ceip Veleiro-Docampo, que se prolongará durante todo o período escolar e que ten como obxectivo conciliar a vida familiar e laboral ofrecendo o coidado do pequeno ata o momento de estar na clase.
Captura de pantalla 2020 09 11 a las 13.49.13
7 Out 2020

O Concello de Castro de Rei puxo en marcha o servizo Madrugadores no Ceip Veleiro-Docampo, que se prolongará durante todo o período escolar e que ten como obxectivo conciliar a vida familiar e laboral ofrecendo o coidado do pequeno ata o momento de estar na clase.

Polo de agora están inscritos 12 pequenos e esperan aumentar a inscrición unha vez que se mellore a situación sanitaria. Así mesmo, e debido á demanda, están estudiando ampliar o horario e abrir ás 7.30 horas.

Este servizo realízase de luns a venres, agás os días non lectivos, en horario de 8.00 a 9.15, momento de entrada dos pequenos á aula. Está dirixida a todos aqueles entre 3 e 12 anos.

Neste tempo tamén poderán tomar o almorzo que lles proporcionen as familias ou simplemente realizar as actividades previstas antes do comezo das clases que estarán dirixidas principalmente a hábitos sociais, eduación para a saúde, para a convivencia e educación para o lecer.

0.18985605239868