Estudantes da UDC presentan proxectos turísticos para Guitiriz

TerraChaXa
Un grupo de 25 alumnos da Universidade da Coruña, que actualmente están a cursar o dobre grao de Turismo e Empresariais, visitaron o concello de Guitiriz para coñecer a súa realidade e presentar propostas para a súa dinamización como parte do seu programa de estudos.
15 Maio 2018

Os estudantes, que cursan o cuarto grao na asignatura de Xestión Turística do Patrimonio, visitaron as tres fontes mineromedicinais de Guitiriz, o balneario e o conxunto medieval de San Alberte.

Os alumnos presentaron un traballo por parellas con diferentes proxectos para dinamización cultural, dos que se escollerán os máis destacados para enviar ao Concello. Os proxecto escollido polo Concello para a súa implantación recibirá unha recompensa de 200 euros.

0.19137406349182