Estudantes do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz gañan un premio de investigación
Un grupo de alumnos do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz veñen de facerse co subcampionato do mundo no oitavo D3Mobile Metrology World League, un certame internacional de escaneado 3D de precisión con tablet e teléfono móbil convocado polo grupo de investigación Cigeo da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Agrupados baixo o nome de Miguelanxinos, o equipo formado por Juan López Fernández, David Sanmiguel Vázquez e Iria Rodríguez Carreira, obtivo o tíutlo na modalidade de Metrólogos.
Pero no foi esto único título que se levou o grupo, xa que obtivo o premio da categoría Fundación Mujeres, co que se rende tributo a mulleres no mundo da arquitectura ou a enxeñería cun traballo sobre María Dolores Norte Gómez, a primeira muller española enxeñeira de Minas.
Os rapaces crearon o necesario modelo 3D e deseñaron o obxecto para recrear unha serie de pedras en equilibrio en alusión ao labor da homenaxeada. Se Miguelanxinos dominou a categoría da Fundación Mujeres. Os rapaces tiveron que lidiar coa suspensión das clases cando se atopaban realizando as probas.