Eva Teixeiro presenta o se poemario 'mapa.gal' en Guitiriz

TerraChaXa
Será este mércores na Casa Habanera a partir das 19.00 horas
convite-presentacion-mapa-gal
26 Nov 2024

A Biblioteca Casa Habanera de Guitiriz acollerá o mércores 27 de novembro a presentación do libro de poemas mapa.gal, da escritora e docente Eva Teixeiro.

O acto dará comezo na biblioteca pública municipal ás 19:00 horas e conta con entrada de balde e libre ata completar aforo. Na presentación a autora estará acompañada pola docente Socorro ‘Soco’ Vázquez, docente da contorna guitiricense coa que comparte o seu amor pola lectura e pola cultura galega. As dúas teñen tamén en común a coordinación de clubs de lectura, o que fará esta presentación dinámica e diferente.

Eva Teixeiro é unha escritora e docente de secundaria nada en Lugo pero de orixe chairego que desde nova estivo moi vencellada á literatura e ao mundo das letras. É membro da AELG e forma parte do colectivo Comadres das Letras, que publicou o libro ‘Contármonos’ en 2023, finalista no Premio Follas Novas. Participou noutras publicacións colectivas como Cantos de dor e esperanza. Voces galegas por Palestina.

No ano 2023 sacou mapa.gal, a súa primeira obra, un poemario que presentará en Guitiriz e que ela mesma define como “unha aposta pola palabra, esa matria que habita o silencio, mentres a música da choiva envolve a chaira”. Tamén colaborou con diversos medios de comunicación.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17805004119873