Excarcerada unha persoa tras colidir dous turismos en Muras
TerraChaXa
Os Bombeiros de Vilalba excarceraron a unha persoa atrapada no interior do vehículo que conducía.
2 Out 2017
Os Bombeiros de Vilalba excarceraron a unha persoa atrapada no interior do vehículo que conducía. O accidente ocorreu sobre as dez da mañá deste luns 2 de outubro, na localidade lucense de Muras, ao redor do punto quilométrico 24 da LU-540, na Gañidoira. Foron varios os alertantes que informaron ao 112 Galicia do accidente e que alertaban dunha persoa atrapada no interior dun dos turismos.
Decontado, dende o CIAE pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Vilalba e aos axentes de Tráfico. Unha vez no punto, os membros do parque comarcal confirmaron a excarceración do único ferido.
O persoal do servizo de mantemento da estrada tamén foi alertado polo 112 Galicia.