Excelente fin de semana para o TDM Vilalba
Excelente fin de semana para os xogadores do Tdm Vilalba que se desprazaron a Ribadeo a xogar o campionato galego infantil e veterano.
Así en infantil feminino Sabela e Alba fixéronse co campionato por equipos, e quedaron terceiras clasificadas en dobres. E Sabela, fíxose co segundo posto en infantil individual, perdendo na final contra a rival do club Monteporreiro de Pontevedra. As xogadoras do Tdm disputaron un gran torneo no cal había un alto nivel.
En veteranos soamente desprazar ao campionato galego Antonio Guntin que malia tocarlle no grupo da morte foi quen de puntuar e facer un gran xogo.
Recordar que o próximo 17 de maio dispútase no Municipal Vilalbes a final da liga de tenis de mesa de veteranos, a partir das 9:30 da mañá, onde participas 30 equipos, dos cales dous son locais.